PRESÉNTASE NA CARIDÁ A REVISTA TRABATEL
09/01/2018

El octavo númaro de Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura preséntase este venres 12 de xeneiro na Caridá (El Franco), na sala “El Pajar” del complexo cultural das Quintas. A cita é ás sete da tarde y, ademáis da presentación da revista, vai haber un recital poético a cargo de dalgúas das autoras que colaboran nesta entrega da publicación. El grupo Toyemerendas vai poñer música al recital y tamén vai zarrar a presentación cua súa actuación.

Os asistentes han a ter como regalo un exemplar da revista, editada pola Conseyeiría d’Educación y Cultura. Nella inclúyense colaboracióis lliterarias de Benxamín Méndez, Ana Vega, Félix Ferreiro, Lucía Iglesias, Aurora Bermúdez Nava, Andrea González y María Teresa López, ademáis da sección de traduccióis y reseñas. A revista, que se pode descargar na sección "Publicaciones" d'esta web, vai ilustrada con úa fotografías ben guapas del profesional veigueño Alberto Fernández de la Torre.